xuntanza de familias adoptivas

Rematado o Congreso, o proceso de inscrición está pechado. O contido fica aquí con carácter informativo.

Convidámosvos a participar nesta xuntanza na que as nosas nenas e nenos disporán dun espazo de xogo e diversión onde as diferenzas sexan a norma.

Organizaranse obradoiros e outras actividades, mentres as nais e pais contarán cun lugar onde gozarán deste día tan especial.

Para inscrivirvos podedes facelo de dous xeitos:

Lembrade que cada persoa adulta doa 5€ (agás que sexan socias de MANAIA) e as menores entran de balde. A doazón podedes facela por separado á conta de MANAIA que vos chegará no correo de confirmación. Se decidides facer unha única transferencia, lembrade poñer no concepto canto se paga de inscrición e canto é de doazón da xuntanza para facilitarlles as contas ao equipo (que andará a tope aínda que con moitísima ilusión!)

Agardámosvos no CEIP Manuel Vidal Portela!