relatoras

Cristina Blanco Aragón

CRISTINA BLANCO ARAGÓN

Licenciada en Dereito pola USC e funcionaria de carreira desde hai 15 anos durante os que desenvolveu varios postos de responsabilidade no ámbito da sanidade e da innovación. Nos últimos dous anos ocupa a Xefatura de Servizo de protección de menores desde onde ten participado como relatora en diferentes foros sobre a materia.

Beatriz San Román

BEATRIZ SAN ROMÁN

Doutora en Psicoloxía Social e investigadora postdoutoral do grupo AFIN, leu o pasado mes de abril a súa tese “Discursos de la adopción: construcción de sujetos y asimetrías de poder”, que obtivo a distinción Cum Laude. Publicou dous libros sobre adopción, “La aventura de convertirse en familia” e “Adopción y escuela” e artigos en diversas revistas, entre elas, Scripta Nova, Papeles del Psicólogo e o Journal of Intercultural Studies. Autora da web: postadopcion.org.

Benedicto García Merino

BENEDICTO GARCÍA MERINO

Pai de dous fillos, un de adopción internacional, e o outro de adopción nacional. Dedicado ao mundo asociativo adoptivo desde o ano 1995 como representante de varias asociacións de adopción. Participou en varios congresos internacionais de Adopción Internacional, como o organizado en Toledo (España) por SEDA no 2002 e o celebrado pola asociación ANFAA de Italia en Xénova no 2004. Xunto con representantes doutras 10 asociacións de adopción, é membro fundador de CORA (Coordinadora de Asociaciones de Adopcion y Acogimiento), pertencendo ao seu Comité Executivo en varios períodos. Durante tres anos foi un dos representantes de CORA no Consello Consultivo de Adopción Internacional creado no ano 2005 polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (antigo MTAS). Pioneiro de forma moi activa en diversas facetas e aspectos adoptivos, na creación de asociacións e de federacións de adopción, na creación e nacemento das Entidades Colaboradoras de Adopción Internacional (ECAI), e na promoción de cambios lexislativos en beneficio da adopción (Lei de Conciliación do ano 1999, Comisión do Senado sobre Adopción Internacional do ano 2003, Lei de Adopción Internacional do ano 2007, e a Lei 26/2015 de Protección á Infancia e á Adolescencia, entre outras). Nestes intres é o Coordinador de CORA.

Amparo González Méndez

AMPARO GONZÁLEZ MÉNDEZ

Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Xunta de Galicia.

Tania Lago

TANIA LAGO

Nai adoptiva. Vicepresidenta de MANAIA.

Ana María Sieiro

ANA MARÍA SIEIRO

Licenciada en Psicoloxía e en Bioloxía. Educadora social. Terapeuta familiar e experta en intervención familiar. Posgrao en Traumaterapia infantil sistémica na Fundación Exil en Barcelona polos profesores Jorge Barudy e Maryorie Dantagnan. Traballou e colaborou con distintas entidades de protección á infancia e á familia en Galicia durante os últimos 25 anos. Fundadora de Achega, centro de psicoloxía especializado en infancia e familia en Vigo, e actualmente colabora coa Fundación Faiben impartindo a formación para familias que se ofrecen para a adopción en Galicia.

Adela Anglés Aguadé

ADELA ANGLÉS AGUADÉ

Pedagoga e Mestrado en Terapia familiar. Traballa no equipo de acollementos familiares desde o ano 1994. Fundació Casa Sant Josep. Xarxa Sanitaria i Social de Santa Tecla.Tarragona.

Pau Cerdán Badia

PAU CERDÁN BADIA

Psicólogo e Postgrao en Intervención e Xestión Educativa en Inadaptación Social. Coordinador do Servei de Preadopción. Fundació Casa Sant Josep. Xarxa Sanitaria i Social de Santa Tecla.Tarragona.

Diana Marre

DIANA MARRE

Doutora en Antropoloxía Social e Cultural pola Universitat Autònoma de Barcelona (2000) con Premio Extraordinario de Doutoramento. Foi investigadora predoutoral, postdoutoral e senior en diversos proxectos de investigación autonómicos, estatais, europeos e internacionais. Desde 2006 foi ininterrompidamente investigadora principal de proxectos I+D sobre infancia, familia e reprodución financiados polos Ministerios de Educación e Cultura, Ciencia e Innovación e Economía e Competitividade de España e directora do Grupo de Investigación AFIN (Infancias & Familias). Foi investigadora e directora da Área de Adopcións e Circulación de Menores do Institut d’Infància i Món Urbà de Barcelona (2006-2008), investigadora Ramón y Cajal (2008-2010), coordinadora de mestrado e doutoramento (2011-2012) do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural e vicedecana de Estudos de Grao (2012-2015) da Facultade de Filosofía e Letras da Universitat Autònoma de Barcelona. Actualmente é profesora titular (2010), directora do Grupo de Investigación AFIN, do SGR AFIN e do Centro de Servizos AFIN da mesma universidade. Dirixiu diversas teses de doutoramento e traballos finais de mestrado. Conta cunha extensa listaxe de publicacións.

Jaime Ledesma

JAIME LEDESMA DEL BUSTO

Psicopedagogo, Educador Especial e Mediador Familiar. Desde o inicio da súa traxectoria profesional enfocou a súa liña de traballo cara á infancia e a familia, particularmente ao mundo da adopción e o acollemento. Colaborou profesionalmente con diferentes ECAIs e entidades relacionadas con adopción e infancia.
É membro activo de La Voz de los Adoptados desde a súa fundación en España. Actualmente, é xerente de madOp (mediación, postadopción e psicopedagoxía) e docente en diferentes posgraos e mestrados profesionais en universidades de Madrid e Barcelona. Participa como relator en diversos congresos, xornadas e cursos sociais, familiares e educativos.
Entre as súas publicacións destaca, como autor principal: “Mediación Familiar en búsqueda de orígenes: el encuentro con mi espejo biológico”.

Antonio Ferrandis Torres

ANTONIO FERRANDIS TORRES

Doutor en Ciencias da Educación e Técnico Superior en Protección de Menores da Comunidad de Madrid. Desde 1999 desenvolve o posto técnico de Xefe de Área de Adopcións e Acollemento Familiar na Comunidad de Madrid. Impartiu cursos de posgrao sobre protección infantil e adopción na
Universidade Pontificia Comillas, Universidade Complutense, Universidade Autónoma/Unicef e no Colexio de Psicólogos de Madrid. No exercicio das súas funcións foi enviado a diversos países, como Bulgaria, China, Colombia, Ecuador, O Salvador, Etiopía, India, Panamá, República Checa, Rusia e Ucraína. Asistiu como experto español ás Reunións Especiais de 2005 e 2015 da Conferencia Internacional de A Haia sobre o funcionamento do Convenio de Adopción Internacional e participou no Grupo de Expertos sobre “Cuestións económicas da adopción internacional” da devandita Conferencia. Autor de numerosos relatorios, artigos e libros sobre cuestións como “El trabajo educativo en los centros de menores”, “Cuando la adopción no sale como se pensaba”, “El sistema de protección a la infancia”, “El proyecto de trabajo con la familia”, “La Adopción Abierta”, “Los costes de la adopción internacional”…

Rosario Capelo Casas

ROSARIO CAPELO CASAS

Traballadora social do equipo técnico de adopción da Xefatura Territorial da Coruña. Xunta de Galicia.

Marta Astals Vizcaíno

MARTA ASTALS VIZCAÍNO

Licenciada en Psicoloxía, Universitat Autònoma de Barcelona
Mestrado en Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos da Linguaxe, Universitat Oberta de Catalunya. Psicóloga do Grup de Recerca Infancia i Entorn (GRIE), Servicio de Neonatología, Hospital Clínic-Maternitat, IDIBAPS, ICGON, BCNatal, Barcelona.

Sen foto

MARTA LAREDO CORDONIÉ

Psicóloga sanitaria G-02370 experta en neuropsicoloxía e psicoterapia polo Colexio de Psicoloxía, experta en Neuroxicoloxía infantoxuvenil pola Universidade de Santiago. Psicoterapeuta clínica EMDR. Colaborou en diferentes investigacións tanto de neuropsicoloxía como de psicoterapia. Con 20 anos de exercicio da profesión desde hai 10 años traballa no equipo de Anabel González Vázquez na Policlínica Assistens da Coruña.

Mireia Sala Torrent

MIREIA SALA TORRENT

Psicopedagoga e logopeda. Directora de Trivium (Centro de linguaxe e aprendizaxe). Profesora da FPCEE Blanquerna. Universitat Ramon Llull. Decana do Colexio de Logopedas de Catalunya.

Oscar García-Algar

OSCAR GARCÍA-ALGAR

Médico e pediatra. Xefe do servizo de neonatoloxía, Hospital Clínic-Maternitat, Barcelona, ICGON (Institut Clínic de Ginecologia, Obstetrícia i Neonatologia), BCNatal (Centre de Medicamento Maternofetal i Neonatal de Barcelona, Hospital Sant Joan de Déu, Hospital Clínic). Foi coordinador de urxencias de pediatría do Hospital do Mar de Barcelona. Profesor Asociado Médico de Pediatría, Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Coordinador do Grup de Recerca Infancia i Entorn (GRIE), IDIBAPS. Anteriormente: IMIM (Instituto Hospital do Mar de Investigacións Médicas).

Daniel Hernández

DANIEL HERNÁNDEZ PLANAS

Tras anos traballando no campo social por conta allea, en fundacións, cooperativas ou administracións públicas, en 2013 fundou Educadors Familiars, un proxecto innovador no campo da Educación Social. Desde Educadors Familiars ofrecen un servizo privado de acompañamento, orientación e soporte a familias con diversas problemáticas que poden abordarse desde a intervención socioeducativa. Desenvolven a súa intervención no fogar das familias, xa que a experiencia lles demostrou que o mellor lugar para abordar os problemas e os retos é o seu escenario natural, xa que ofrece múltiples perspectivas e interaccións que un despacho non pode ofrecer. Outra característica do seu traballo é que o desenvolven a través do vínculo cos membros da familia, xa que para cambiar dinámicas e solucionar problemas é preciso crear pontes con todos os membros da familia, maximizando os resultados da intervención socioeducativa. Atenden familias con dificultades vitais como conflitos, adiccións ás drogas, ás redes sociais ou aos videoxogos, as separacións complexas, as condutas violentas e a vitimización en bullying; e desde o 2015 están especializados no acompañamento a familias afectadas pola Síndrome Alcohólica Fetal (SAF e TEAF), e son os primeiros educadores sociais referentes no tema no noso país.

Carmen Sánchez Afonso

CARMEN SÁNCHEZ AFONSO

Secretaria de SAF Group. Facultativa do Institut Català de la Salut. Nai dunha nena con SAF.

Sandra Bethencourt

SANDRA BETHENCOURT LÓPEZ

Nai adoptiva desde 2007 de dous nenos etíopes que manteñen relación coa familia biolóxica desde 2008.

Laura Heckel

LAURA HECKEL

Adoptada de orixe colombiana. Hai 8 anos foi co-fundadora con outros adoptados da asociacion La Voz de los Adoptados, onde formou parte da xunta directiva uns anos e agora é socia de forma activa en temas como: Adopcion Internacional: racismo e busca de orixes. Leva 9 anos co blog Adopmundi, agora paxina en Facebook, e colaborou coa súa experiencia, as súas vivencias e a súa opinion, en varios libros sobre adopcion. Activista contra o racismo, os prexuízos e crítica coa sociedade e profesionais que non souberon ou non saben dar ferramentas ás familias que se atopan soas nesta viaxe turbulenta. Ela mesma empezou hai 7 anos a súa busca e aínda que con final feliz, pasou por soidade, incomprensión, falta de axuda, desinformación, ata estafa e usurpación de identidade. Así que esta moi decidida a “alzar a Voz” para advertir, informar e pedir axuda, para que outros adoptados non teñan que pasar polo mesmo. Quere concienciar que aínda hai moito camiño que percorrer e que a estafa e enganos na busca de orixes esta ao pé de rúa.

Eugenia Curto Lledó

EUGENIA CURTO LLEDÓ

Xornalista, leva 25 anos traballando en radio e televisión como redactora e guionista. Ten no seu currículo programas como “Julia en la onda” (Onda Cero Radio), “La Columna” (TV3), “Bon dia Catalunya” (TV3), “Las Cerezas” (TVE) ou “Protagonistas” (Punto Radio). Publicou algúns libros infantís e desde o 2010 ten un blog que se chama “Madre de Marte”. Nai por adopción de dous fillos nados en Etiopía e Marrocos, e madrasta doutros dous, nados da barriga da miña parella.

Sen foto

IRENE

Adoptada aos 3 meses creceu e estudou en Córdoba ata os 18 anos momento no que foi a estudar xornalismo a Sevilla. A pesar de estar recentemente graduada embarcou en numerosos proxectos entre os que se atopan dous programas radiofónicos e colaboracións en distintas webs, o pasado mes de abril decidiu incluír entre os seus proxectos o blog “Una Adoptada más”.

Magdalena Otero

MAGDALENA OTERO MARTÍNEZ

Psicóloga e terapeuta familiar. Co-directora de Paradoxo, que nace en xaneiro de 2007 como centro de psicoterapia e reeducación escolar. Realiza xunto a súa socia o Posgrao en Acollemento, Adopción e Postadopción da Universidade de Barcelona e a Universidade Ramón Llull, tras o cal Paradoxo comeza a desenvolver un labor de asesoramento, psicoterapia e formación con familias adoptivas, que continúa hoxe en día. Actualmente, compaxina o seu labor diario en Paradoxo co traballo como orientadora nun instituto.

Pedro Alberto Padín Solla

PEDRO ALBERTO PADÍN SOLLA

Estudou na Universitat de Barcelona, Facultat de Magisteri, especialidade de Ciencias e Matemáticas. Post grado en Informática educativa. Especialidade en Educación Física. Bioloxía na Universidade de Barcelona. Formador de mestres en Informática Educativa e Redes, no P.I.E. Programa de Informática Educativa da Generalitat de Catalunya. Coordinador TIC en xestión de redes e informática. Mestre en zonas educativas preferentes en La Mina-Sant Adrià, Nou Barris e Torre Baró. Barcelona. Ceip Bori i Fontestà. Ceip Ferrer i Guardia. Ceip Sant Jordi. Xefe de Estudos e posteriormente director no Ceip Sant Jordi de Nou Barris a Barcelona. Mestre no Ceip Coirón-Dena-Pontevedra Director do CEIP de Meaño – As Covas (Pontevedra), impulsor dunha experiencia efectiva de inclusividade. Premio ONCE na inclusión de alumnos discapacitados. DISCAPNET 2011. Actualmente é director no CEIP A Florida-Sanxenxo. Coordinador P.F.P.P. no CEIP A Florida-Sanxenxo de doble liña en Programación do Currículum e Titoría Entre Iguais.

Agueda Ruibal

ÁGUEDA RUIBAL

Nai adoptiva. Mestra de Educación Infantil. Membro da Comisión de Educación de CORA e do Equipo de Educación de MANAIA.